VOLUNTARIADO AMBIENTAL EN ESPAZOS NATURAIS
É un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Trátase dun programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.
Desenvolverase nas dúas seguintes localizacións: Baixa Limia – Serra do Xurés e Macizo Central – Serra de San Mamede.
ACTIVIDADES A DESENVOLVER:
- Limpeza de ríos.
- Impactos na fauna das liñas de alta e media tensión.
- Avaliación da rede de sendeiros interpretativos do parque.
- Outras.
DATAS DE REALIZACIÓN SERRA DO XURÉS:
Maio: do 6 ao 8; do 13 ao 15, ao 20 ao 22 e do 27 ao 29.
Xuño: do 3 ao 5 e do 10 ao 12.
Cada quenda contará cun máximo de 20 persoas voluntarias.
DATAS DE REALIZACIÓN SERRA DE SAN MAMEDE:
Abril: do 29 ao 1 maio.
Maio: do 13 ao 15.
Xuño: do 17 ao 19, e do 24 ao 26.
Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias.
AMBOS PROGRAMAS INCLÚEN:
- Aloxamento e pensión completa en albergue.
- Programa de actividades e monitores.
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
- O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.
CONDICIÓNS XERAIS:
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da webhttp://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=40 , ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario