XULLO DO 2011
Actividades Verán 2011 Aula da Natureza do río Miño
É importante concienciar os nenos da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del.
Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no mes de xullo e agosto na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira.
Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, pasando pola importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería... e moitas actividades máis que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante.
OS OBXECTIVOS que se pretenden son os seguintes:
1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.
2-Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.
3-Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.
4-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
5-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
6-Fomentar diversos xogos populares.
7-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
8-Concienciar do cambio climático.
9-Conciliar a vida familiar e a vida laboral.
10-Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.
DESCRICIÓN:
Actividades de VERÁN.
XULLO DO 2011.
VENRES 1, de xullo.
10:00 A 13:00 Presentación. Concello de Ourense.
17:00 A 20:00 Xogos Medioambientales.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense.
LUNS 4, de xullo.
10:00 A 13:00 A vida nos nosos ríos.
Piscisfactoria de Carballiño .Conselleria de Medio Rural. Xunta de Galicia.
17:00 A 20:00 Tres R
Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense.
MARTES 5, de xullo.
10:00 A 13:00 Horta / Coñece As Plantas.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense.
17:00 A 20:00 Obradoiro. Contenedor Amarelo.
Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense.
MERCORES 6, de xullo.
10:00 A 13:00 Servicio Cinológico. Cans de Búsqueda.
Garda Civil Comandancia de la Guarda Civil de Galicia.
17:00 A 20:00. Obradoiro. Contenedor Amarelo.
Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense.
XOVES 7, de xullo.
10:00 A 13:00 Orientación e autorescate. Parque do Xures. Conselleria de Medio Rural. Xunta de Galicia.
17:00 A 20:00 Xogos Mediambientais.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense.
VENRES 8, de xullo.
10:00 A 13:00 Actividades medio ambientales
Fundación Xoaquin Lorenzo. Diputación de Ourense.
17:00 A 20:00. Vive Ourense Vivo.
Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense.
LUNS 11, de xullo.
10:00 A 13:00 Astronomia. AAO.
Asociación Astronomica de Ourense.
17:00 A 20:00 Obradoiro. Contenedor Verde.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
MARTES 12, de xullo.
10:00 A 13:00 Horta / Coñece As Plantas. Coñece As Plantas.
Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense.
17:00 A 20:00 Obradoiro. Contenedor Verde.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
MERCORES 13, de xullo.
10:00 A 13:00 A outra mirada dos animais.
Progape(Protectora de gatos e perros).
17:00 A 20:00 Xogos Populares.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense .
XOVES 14, de xullo.
10:00 A 13:00 Ano dos bosques 2011. Santos Agente Fosteral
17:00 A 20:00 Xogos Populares.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense .
VENRES 15, de xullo.
10:00 A 13:00 Barro. Santiago Seijas
17:00 A 20:00 Vive Ourense Vivo.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense .
LUNS 18, de xullo.
10:00 a 13:00 Cambio climatico.
Marcos Tesouro. Fisico. Meteogalicia
17:00 a 20 Obradoiro. Contenedor azul.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense .
MARTES 19, de xullo.
10:00 a 13:00 Horta / Coñece as plantas.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
17:00 a 20:00. Obradoiro. Contenedor azul.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
MERCORES 20, de xullo.
10:00 a 13:00 Anelamento de aves
Grupo de anelamento Anduriña.
17:00 a 20:00 Xogos populares
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
XOVES 21, de xullo.
10:00 a 13:00 Amigos da terra. Monse Valencia
17:00 a 20:00 Primeros auxilios.
Protección civil de Ourense.
VENRES 22, de xullo.
10:00 a 13:00 Gardería medioambiental Distrito 12.
Distrito XII. Conselleria de Medio Rural. Xunta de Galicia.
17:00 a 20:00 Vive Ourense Vivo.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
MARTES 26, de xullo.
10:00 a 13:00 Horta/Coñece as plantas.
Persoal da Concellería de Educación. Concello de Ourense.
17:00 a 20:00 Xogos populares
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
MERCORES 27, de xullo.
10:00 a 13:00 Recuperación e solta de aves.
Centro do Alto do Rodicio. Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.
17:00 a 20:00 Xogos populares
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
XOVES 28, de xullo.
10:00 a 13:00 Proxecto ríos.
Rita Cid Vega. Licenciada en ciencias ambientais. Voluntaria de Adega.
17:00 a 20:00 Obradoiro. Contenedor azul.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense .
VENRES 29, de xullo.
10:00 a 13:00 Incendios e bombeiros.
Colabora o Parque de bombeiros de Ourense. Concello de Ourense.
17:00 a 20:00 Vive Ourense Vivo.
Persoal da Concelleria de Educación. Concello de Ourense
OBSERVACIÓNS
Todas as actividades poderán ser modificadas por causa externas e alleas á organización.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Dirixido: Nenos/as de 6 a 13 anos.
Grupos: No superior a 40 nenos/as.
Periodización: 1 ao 31 de xullo e de 1 ao 31 de agosto do 2011
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 17:00 a 20:00 de luns a venres.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781 / 988388136.
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario