APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES / Actividade de vacacións de Nadal.
De Aula da Natureza do río Miño.
Descripción
Data inicio: 26/12/2011 Data fin: 05/01/2012
DESCRICIÓN: Actividade na que se pretende reutilizar todo tipo de materiais para facer xoguetes. Reciclaranse e faranse xoguetes con cousas para tirar.
OBXECTIVO:
•Coñecer as tres R: Reciclar, Reutilizar e Reducir.
•Insistir sobre a importancia da redución de residuos (envases), Reutilización cando sexa posible e Reciclaxe dos residuos e tamén coñecer as fases da reciclaxe facendo fincapé na importancia da separación en orixe. Concienciación dos nenos e dos pais das vantaxes que ten a reciclaxe.
•Aprender a importancia que ten a reciclaxe no medio ambiente.
• Buscar outro uso para as cousas que non utilizamos.
• Estimular os rapaces para que desenvolvan a súa imaxinación artística.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido:8 a 13 años
Grupos: Non superior a 25 persoas
Periodización: 26 de decembro do 2011 ao 5 xaneiro do 2012
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:00 a 19:00
Duración: 100 min.
Achegas da Concellería de Educación:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario