SEMANA DO RECICLAXE / Centros Educativos
Data inicio: 01/12/2011 Data fin: 16/12/2011
Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos
Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.
A- teórico
A cargo da empresa Bilurico
Tempo aproximado: 60 min.
Obxectivos:
•Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais.
•Fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
•Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.
Contido:
1. Presentación de vídeo.
2. Funcionamento dos proxectos.
3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)
4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.
5. Pautas para a clasificación doutros residuos.
B- Obradoiro
A cargo de: Dolores Castro
Tempo aproximado: 90 minutos
Obxectivos:
•Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
•Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel
Contido:
1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
2. Reciclaxe artesanal do papel.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: 5 Centros educativos. A charla adaptarase aos distintos niveis educativos.
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización: 1 a 16 de decembro do 2011
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 16:00 a 19:00
Duración: 90 min.
Achegas da Concellería de Educación: Transporte para os centros educativos do concello de Ourense.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario