OBSERVACIÓN DE AVES DENDE “O TINTEIRO”
O vindeiro domingo 11 de decembro realizarase unha actividade de observación de aves dende o lugar d'O Tinteiro, situado na beira esquerda do río Miño en Ourense. Ensinarase como utilizar prismáticos e telescopios, a identificación das aves e observaranse aquelas mais típicas da contorna do río Miño. O horario da actividade é de 10:00 a 14:00
Esta actividade realízase dende o Aula da natureza do río Miño da Concellería de Educación e colabora a Concellería de Medio Ambiente
Lugar: Tinteiro
Dirixido: A persoas de todas as idades
Periodización:11 de decembro do 2011
Horario: de 10:00 a 14:00
Duración: 240 m
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Achegas da Concellería de Educación: ESTA ACTIVIDADA ESTA REALIZADA EN CONXUNTO COA CONCELLERIA DE MEDIOAMBIENTE.
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario