viernes, 2 de diciembre de 2011

Tes can ou cadela?

Tes can ou cadela?
É o máis guapo/a e intelixente do "mundo mundial"?
Eres dos que di que ao teu can só lle falta falar?

Se respostaches "SI" polo menos á primeira das preguntas, achégate con EL ou ELA á PRAZA DE SAN MARTIÑO, o DOMINGO DÍA 11 DE DECEMBRO, a iso das 11 da mañá.. Celébrase o I Concurso de Mascotas do Concello de Ourense, organizado pola Sociedade Cinolóxica EXPOGAL coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente.

- Haberá 4 categorías diferentes nas que inscribirse

- Poderán participar todas as mascotas, teñan ou non pedigree, sexan mestizas ou de pura raza

- Haberá trofeos para os gañadores e agasallos para os participantes

- A inscrición para participar faráse o mesmo día na Praza. Prezo: 3€

- Estará tamén a asociación PROGAPE de Ourense, con posto informativo, campaña de adopcións da canceira municipal..

cándo? DOMINGO, 11 DECEMBRO
ónde? PRAZA SAN MARTIÑO
a qué hora? 12 H (inscricións antes no mesmo sitio)

ANÍMATE A VIR, QUE O TEU CAN SE SINTA ORGULLOSO DE TI ..!


IMPORTANTE: Haberá "Recoñecementos de raza" para cans sen pedigree no mesmo día por parte de xuíces de Expogal, única en Galicia con autorización oficial por parte da Xunta de Galicia para poder emitir pedigrees. Se o xuiz considera que o teu can cumpre co estándar da raza, asinará o impreso de Recoñecemento de Raza para a súa posterior inscrición no Libro de Rexistro de Razas Caninas.


E, teñas ou non teñas can, agradécese a difusión desta información a través de correo, feisbuc, tuiter, tuenti, güassap, boca-orella, panfletos, prensa, pintadas (únicamente en lugares autorizados), mentalismo, ou calquera outra canle que se vos veña á cabeza.

Moitas gracias.

saúdos,



--
Berta Pérez Varela
Concellería Medio Ambiente
medioambiente.bperez@ourense.es
tlf 988 388 135 (ext.1279)

No hay comentarios:

Publicar un comentario