jueves, 29 de marzo de 2012

ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA

Actividades das vacacións de Semana Santa 2012 na Aula da Natureza do río Miño 

Actividades das vacacións de Semana Santa 2012 na Aula da Natureza do río Miño
 É importante concienciar os nenos da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del. Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no da Semana Santa na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira.
Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, da orientación, do cambio climático, da xardinería... e moitas actividades máis que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante.




OS OBXECTIVOS que se pretenden son os seguintes:
1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.
2-Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.
3-Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.
4-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
5-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
6-Fomentar diversos xogos populares.
7-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
8-Concienciar do cambio climático.
9-Conciliar a vida familiar e a vida laboral.
10-Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.

 OBSERVACIÓNS Todas as actividades poderán ser modificadas por causa externas e alleas á organización.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Dirixido: Nenos/as de 6 a 13 anos.
Grupos: No superior a 20 nenos/as.
Periodización: 2, 3, 4 de abril
luns 2 de 10:00 a 13:00 xardineria y creación dun espantapaxaros
 luns 2 de 16:15 a 19:00 xogos e cesteria
martes 3 de 10:00 a 13:00 coñece a Aula, paseo pola Aula, xogos e manualidades relacionados coa actividades coñece a Aula
martes 3 de 16:00 a 19:00 xogos e manualidades
mercores 4 de 10:00 a 13:00 horta e paseo medioambiental ata o río Loña
mercores 4 de 16:00 a 19:00 manualidades e horta.


Horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 de luns a mércores.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.
Teléfono: 988510781 / 988388136. Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario