lunes, 16 de abril de 2012

PASEO DE PRIMAVERA / Fin de semana/Celebración do día da terra

PASEO DE PRIMAVERA / Fin de semana/Celebración do día da terra



A finalidade da actividade é educativo-cultural. Constará na realizacíon a pé de tres rutas previamante seleccionadas. Na elección teranse en conta factores ambientales, paixasísticos e culturais. Tamén se terá en conta que o percorrido das rutas sexa o máis asequble posible para os participantes. Os paseos serán realizadas de xeito tranquilo e relaxado procurando que os participantes disfruten do entorno e se identifiquen con el

Obxetivos:
•Achegar as persoas participantes aso coñecemento e disfute do entorno natural, paisaxístico e cultural de distintos lugares da provincia
 •Fomentar hábitos e comportamientos respetuoso co entorno
•Fevorecer relacións de amizade e camaradería entre os participantes.




Programa:
Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Ruta do val do Sil) 15-4-2012 : desde a aldea de Covas ata Vilardesilva. Ademais da espectacularidade da paisaxe poden observarse os elementos botánicos mais importantes do Parque Natural, destacando as orquídeas, as plantas aromáticas, o aciñeiral e as plantas que medran entre penedos. Distancia 5 Km. Dificultade media-baixa.
Chaguazoso-Encoro de Cenza (Vilariño de Conso) 22-4-2012:A Plataforma do Cenza é unha penechaira ocupada nos períodos glaciares da Era Cuaternaria por un glaciar con varias linguas. Partindo da aldea situada a maior altura na provincia, e onde se pode contemplar unha impresionante morena glaciar, podemos visitar algunhas das máis importantes turbeiras da provincia, nun dos mellores entornos de Galicia para contemplar as pegadas da acción dos glaciares. Distancia 7,5 Km. Dificultade media-baixa. Pola altitude (1.300-1.350 m) é imprescindible o uso de protección solar.
Incio-Serra do Caurel. 6-5-2012 Farase un pequeno recorrido pola variante horizontal da ruta da Devesa da Rogueira. Distancia 7 Km. Dificultade baixa. Con paradas na igrexa de mármore de Hospital de Incio e na aldea restaurada de Seceda.





















Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A persoas de todas as idades Achegas da Concellería de Educación:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario