SEMANA DO RECICLAXE (EP, ESO e Bacharelato)
Data inicio: 03/12/2012 Data fin: 18/09/2012
Descrición
Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos
Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.
A parte teórica terá unha duración de 1.00h. Obxectivos Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais. Fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) . Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar. Contidos 1. Presentación de vídeo. 2. Funcionamento dos proxectos. 3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.) 4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar. 5. Pautas para a clasificación doutros residuos. A parte práctica terá unha duración de 90 minutos Obxectivos Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais. Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel. Contidos 1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
2. Reciclaxe artesanal do papel.
Destinatarios/as Alumnado de Primaria ESO,e Bacharelato Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n Periodización 3 a 18 de decembro do 2012 Horario: de 10:00 a 13:00 Duración: 90 min. Grupos non superiores a 25 Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada (988510781 / / aulanatureza@ourense.es |

A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
martes, 11 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario