Co gallo da conmemoración do 42 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 2 de febreiro pola maña.
Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 10:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do Miño, o Loña e finalizaremos a nosa ruta no Barrio de "As Lagoas".
No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.
A data límite para anotarse será o venres día 1 de febreiro pola mañá, por correo electrónico en:
aulanatureza@ourense.es , voluntariado.galicia@amigosdaterra.net, ou ben nos teléfonos 988 510 781 - 988 374 318.
Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.
En resumo:
Data da saída: 2 de febreiro
Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de "As Lagoas"
Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense
Hora de saída: 10:00 horas
Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 13:00 horas
Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es ou voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318

A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario