Este sábado 26 de outubro, dentro do marco do proxecto de iniciativas xuvenís “Movéndonos para o cambio” promovido por Amigos da Terra Xuventude, organízase un roteiro ambiental. Neste caso desprazarémonos ata o municipio de Baiona, onde poderemos desfrutar do entorno natural de Cabo Silleiro e da Serra da Groba.
É unha oportunidade única para coñecer mellor dous dos lugares ambientais máis significativos da provincia de Pontevedra. Poremos de relevancia a necesidade da conservación do territorio e a importancia da sensibilización ambiental, xa que con esta actividade poderemos observar a enorme problemática dos incendios sobre todo a raíz das riadas producidas nos últimos días, que danaron de forma moi importante a Serra da Groba.
Para iniciar o roteiro, que terá unha duración aproximada dunhas 3 horas, quedaremos o sábado ás 10 da mañá enfronte do Hotel Talaso Atlántico.
Destinatarios/as: todas as persoas interesadas en coñecer e sensibilizarse co entorno da provincia. Especialmente para persoas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e hora: sábado 26 de outubro, entre as 10:00 h e as 13:30 h.
Actividade gratuíta.
Se estás interesado/a en participar, envía a ficha de inscrición que se adxunta nesta mensaxe ou solicita máis información a:
Correo-e: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
Teléfono: 988 374 318 (oficina de Amigos da Terra, Ourense)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario