Dende Sustinea convidámoste a participar na III Xornada Micolóxica do Monumento Natural de Pena Corneira o domingo 27 de outubro.
A xornada comporase de:
Unha introducción teórica sobre as especies máis común de cogumelos en Galicia, facendo, este ano, especial fincapé no grupo das amanitas.
Saída Micolóxica. Conceptos básicos sobre a micoloxía. Identificación de especies. Consellos e normas de recollida. Setas comestibles e velenosas. Exposición dos fungos recollidos.
Contaremos un ano máis coa colaboración do experto en micoloxía, Juan José Martínez Álvarez –da Asociación Micolóxica Os Cogordos.
Ademais durante as xornadas, trataremos un tema fundamental: a importancia da conservación dos fungos e os seus hábitats.
Convidamos a todas as persoas aficionados/as ou que se queiran iniciar na micoloxía a participar nunha das actividades máis prácticadas nesta época, e a desfrutar duns días outonais polo marabilloso Monumento Natural de Pena Corneira.
O lugar de encontro será ás 10.30 horas no Espazo de Participación Ambiental de Pena Corneira en Lamas (Leiro).
Material preciso.
• Cesta ou caixa con aberturas.
• Navalla.
• Botas de montaña.
• Chaleque reflectante.
• Roupa axeitada ás condicións metereolóxicas.
• Xantar de campo.
20 PRAZAS!!
Prezo das xornadas: 10 €
Data límite de inscrición ata o martes 22 de outubro.
Máis info no:
• 668.874.900
• info@sustinea.org

A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario