jueves, 27 de marzo de 2014

"Mariposas por la vida. Guía visual de las mariposas ibéricas diurnas",

Comprácenos anunciar a reedición do libro, "Mariposas por la vida. Guía visual de las mariposas ibéricas diurnas", unha guía fotográfica das bolboretas diurnas da península Ibérica, onde se mesturan dun xeito excepcional espectaculares imaxes e valiosa información ecolóxica sobre as diversas especies.

Esta obra custa só 20 €, e os cartos derivados da venda van destiñados á Fundación Miquel Valls, para apoiar a sua loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), como podes ver na web do proxecto.

Hábitat colabora novamente con este proxecto vendendo exemplares do libro, tralo éxito acadado na anterior edición, cando recadamos 360 €.

Para conseguir o voso exemplar chamade ao 981 135 014 ou enviade un email ao correo da asociación: gnhabitat@yahoo.es

Animádevos a mercalo!
Saúde e natureza,
Grupo Naturalista HábitatEstudando para conservar dende 1979www.gnhabitat.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario