jueves, 27 de marzo de 2014

teixugo (Meles meles),


Nos Encontros Naturalistas de abril contaremos co biólogo e experto en mamíferos Xosé Pardavila, membro do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (G.E.A.S.).

Con el afondaremos no coñecemento do teixugo (Meles meles), e daranos as claves para poder participar na I Sondaxe Ibérica de Teixugueiras, organizada por GCT-SECEM, enfocado a obter datos máis precisos sobre a abundancia e distribución do teixugo.

Os Encontros comezarán ás 9:30 h do domingo 6 de abril cunha charla no local de Hábitat (duración aproximada 1 h). Logo desplazarémonos a unha zona cercana (probablemente Bergondo) para realizar a parte práctica: os transectos na procura de teixugueiras. A excursión extenderase ata as 14 ou 14:30 h.

Xa que o aforo é limitado, agradecemos que confirmedes a vosa asistencia enviando un mail co asunto ASISTENCIA. Achégase o cartaz do evento.

Agardámosvos!
Saúde e natureza,
Grupo Naturalista HábitatEstudando para conservar dende 1979www.gnhabitat.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario