jueves, 12 de junio de 2014

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS - SÁLVORA E CORTEGADA 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha un ano máis o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.

Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase nas Illas de Sálvora e Cortegada co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na limpeza de praias e na erradicación de plantas invasoras.
O programa desenvolverase nunha xornada en grupos de 8 voluntarios do seguinte xeito: os martes en Sálvora e os xoves en Cortegada.

O PROGRAMA INCLÚE:
1. Manutención.
2. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Os voluntarios/as deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro desde onde serán recollidos en barco para o seu traslado ás illas.

CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar.
-Deben levar unha mochila.

Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

PARTICIPANTES E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario de inscrición:

Nota: Só se poderá cubrir o formulario unha vez, se queredes facer algún cambio de quenda teredes que indicalo enviando un mail a voluntariado@xunta.es. Se volvedes a cubrir o formulario perderedes o voso posto e pasaredes directamente ao final da lista.

http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=133#forsux

No hay comentarios:

Publicar un comentario