jueves, 9 de octubre de 2014

PASEOS OUTONO 2014 cada un dos paseos costara 10 euros



Unha temporada mais organizamos esta actividade, escollendo sempre os máis interesantes lugares da provincia, tendo en conta, xunto ós valores culturais, o interese biolóxico e xeolóxico, que se manifesta finalmente nunhas paisaxes espectaculares, e tratándose desta estación, eses recunchos onde a riqueza cromática da follaxe outonal é máis intensa.

         En canto ó desenvolvemento das andainas, insistimos en que máis que realizar unha actividade física (para a que non seria necesario desprazarnos de Ourense) buscamos as vantaxes dun paseo tranquilo nun escenario agradable e en contacto coa natureza. Na nosa vida cotiá, a présa, o estrés, a ansiedade estimulan a secreción de hormonas ou neurotransmisores como a adrenalina, a noradrenalina ou o cortisol que preparan o noso corpo para enfrontarnos a un perigo ou para a fuxida, pero reducen a actividade doutros aspectos da nosa actividade metabólica tamén importantes para o noso equilibrio, como o sistema inmunolóxico. Se a situación se prolonga no tempo, algo habitual na nosa sociedade competitiva (en máis en situacións de crise económica e social como a actual), a nosa saúde física, ou no plano psicolóxico, as nosas capacidades afectivas, poden resentirse. Por iso deseñamos a actividade tratando precisamente de romper con esa dinámica, buscando razóns para deternos, para identificarnos co entorno, para respirar máis profundamente, para descansar das nosas preocupacións, convencidos de que si así o facemos afrontaremos con máis valor as dificultades que nos presente a vida despois de volver a Ourense.

 *     Vilaseco da Serra-Igrexa de Vilardemilo (Viana do Bolo) : despois dunha primeira parte do seu recorrido modelado polos xeos, o río Bibei xira bruscamente cara o oeste formando un profundo canón de ata 500 m. de profundidade, ocupado por reboleiras e soutos pero tamén con amplas zonas de matogueiras e pasteiros e aldeas que se asoman ó precipicio. Altitude 1185-1074 m. Dificultade baixa. Despois de xantar en Viana do Bolo daremos un pequeno paseo nas proximidades da aldea de A Ermida, cunha frondosa vexetación e impresionantes vistas. Boa parte do entorno forma parte do LIC (Rede Natura) de Pena Trevinca.

 *     Miradoiro da Quinta (Padrenda) : estas ladeiras, que baixan desde o planalto (penechaira) do Laboreiro, na fronteira de Portugal, cara o val do río Miño foron modeladas polos glaciares e están cubertas na actualidade de bosques practicamente inaccesibles. Este entorno, o oeste da Serra do Aguillón, forma parte do espazo da Rede Natura Baixa Limia-Serra do Xurés. Distancia 6 km. Dificultade baixa. Altitude 750-600 m. Despois de xantar faremos un anaco da “Ruta dos Muíños”, que discorre nas marxes do río de Esmoriz.

 *     Hedrada (Vilariño de Conso) : unha das localidades máis pintorescas da provincia, situada nun val de orixe glaciar e rodeada de fervenzas, nas proximidades do Parque Natural dos Montes do Invernadoiro. Nela rodou o actor Rubén Riós a curtametraxe "Adeus Edrada?", proxectado en diferentes festivais, e que trata da Santa Compaña e como a desaparición destas aldeas ten tamén como consecuencia a perda de historias que forman parte dun dificilmente recuperable patrimonio cultural. Na zona tamén se poden contemplar os restos dunha singular calzada que para algúns tería a súa orixe na época romana. O entorno no que nos moveremos forma parte do espazo de Rede Natura do Macizo Central Ourensán. Altitude 890-1080 m. Dificultade media-baixa. Distancia 6,2 km. Despois de xantar achegarémonos a fervenza de Castiñeira.

As saídas  e chegadas  desde o Parque de S. Lazaro  e  Aula da Natureza do río Miño.
 Horarios aprox. :
Saída: 9,30h.
Regreso: 19,30h.
(Dependendo  das condicións atmosféricas pode haber cambios  nas rutas programadas.)
O aula non se fai cargo e responsable de accidente e perdida na actividade

FORMA DE PAGO:
Inscrición do marzo: Tasa 10 euros cada un dos paseos. Os 3 paseos 30 euros
Aula da natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira S/n. Tel. 988510781
Non  se admitirán ingresios bancarios sen a inscrición previa na Aula da natureza.
Ingreso no número de conta de Abanca 85 ES2080 5251 40 3111391114
Concepto: paseo de otono e o paseo que pagas

No hay comentarios:

Publicar un comentario