jueves, 12 de abril de 2018

Limpeza incluída no programa "Libera" da SEO

Limpeza incluída no programa "Libera" da SEO

DATA DA ACTIVIDADE: SÁBADO 14 DE ABRIL DE 2018 (é dicir ESTE SÁBADO QUE VEN)
HORA DE ENCONTRO: 09:30 h
LUGAR DE ENCONTRO: CAFETERÍA DA ESTACIÓN DE SERVIZO ANTELA, na saída 193 da Autovía A52

E o programa para este Sábado día 14 en A Limia:

09:30 h. Xuntámonos na estación de servizo Antela, e tomando un café ou o que cada quen desexe, comentaremos os avances no programa "Libera" da SEO, recordaremos que nos subvenciona e a qué obliga, así como os obxectivos concretos desta xornada.

10:00 h. Desprazamento ata a veiga de Gomareite e xa alí, traballos de recollida de lixo (sobre todo plásticos) e carga en contedor para entrega a xestor autorizado. Puntualmente precisarase corta de vexetación para acceder aos refugallos, NALGÚNS PUNTOS HAI BASTANTE AUGA É SERÍA MOI MOI RECOMENDABLE LEVAR BOTAS DE GOMA ... E NON ESQUEZADES AS LUVAS DE TRABALLO. Con todo, poderemos organizar algúns traballos en zonas máis ou menos secas.

14:00 h. Xantar no Restaurante da estación de servizo ANTELA.

15:30 h. Ao remate do xantar volveremos a Gomareite para rematar a retirada do lixo; agora ben si fomos quen de rematalo na mañá (e cremos que é posible facelo) daremos un paseo por puntos de interese da Limia.

NON É PRECISO ANOTARSE, PERO SI ALGUÉN VAI VIR, SEMPRE É PREFERIBLE COMUNICALO E TER O SEU TELÉFONO, PARA ORGANIZAR O MATERIAL E AGARDAR SI CHEGA CON RETRASO.

Ata o sábado entón.

Un cordial saúdo desde SGHN-Ourense e Sección Antela
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Sección Antela
www.sghn.org antela@sghn.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario