jueves, 12 de abril de 2018

Plantacións

Agardámosvos en Tourón (Melón) o vindeiro sábado 14 de abril  para continuar plantando frondosas no monte. 
Polo tanto, se estás interesada en botar unha man  é necesario inscribirse para esta acción concreta
Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar a actividade. Tamén se vos mandará máis información sobre o horario exacto da actividade, sitio de quedada, etc...
(*) https://goo.gl/forms/zut6wgS2tiqjLY6t2
Por outro lado, o venres día 20  e seguinte, 27 de abril, Alecrín volta facernos un chamamento para unha colaboración nunha plantación en Vigo con nenos de 4rto de primaria (20/04) e de 5 anos  (27/04).  Por favor as persoas interesadas mandádelle correo con nome e DNI a este correo: Ana Vazquez
    Recordade que esta actividade non é nosa polo que só temos esta información. 
Faite soci@ de Amigos da Terra
Patricia Iglesias
Voluntariado
Amigos da Terra Galicia - Membro de Friends of the Earth International
Rúa Bedoia, 5 - 2º D. 32003 Ourense
Tel. [+34] 988 374318
Fax. [+34] 988 374318
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
www.amigosdaterra.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario