jueves, 12 de abril de 2018

O XINETE DAS ÁRBORES no Colexio Practica Anexa

Fuimos invitado a presenciar "O XINETE DAS ÁRBORES" no Colexio Practica Anexa

Colexio Practica Anexa coa presencia da Concelleira de Educación Mª Belen Iglesias Cortes 
Un home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que este verán asolaron terras da montaña de Ourense, chega a Ourense para que as nenas e nenos lle axuden a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar. Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxaran, dun xeito imaxinario, polos bosque do parque forestai de Oira. Con contos, cantigas, xogos, e moita risa remataremos “plantándonos” todas e todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos bosques







No hay comentarios:

Publicar un comentario