lunes, 21 de noviembre de 2011

DÍA DOS BOSQUES AUTOTONOS

No campo da interpretación ambiental, presentamos unhas rutas interpretativas na natureza , a pé ou de bicicleta, coa finalidade dun maior coñecemento do medio a través da súa fauna, flora, paisaxes,etc., procurando ao tempo o divertimento dos participantes.

A actividade que presentamos é a denominada “Ruta ciclointerpretativa do río Miño”.

OBXETIVOS DA ACTIVIDADE
...
•Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
•Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
•Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

A actividade proposta consiste nun itinerario guiado en bicicleta utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.

Os puntos de partida e as opcións de percorrido poden ser varias:

•Saída desde a Ponte Romano ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves -polo menos- e regreso cara á Ponte Romana pola marxe dereita do río.
•Outras posibilidades: con saída desde Outariz, a Chavasqueira ou a Aula de Natureza de Oira (cando a pasarela estea terminada).
A duración aproximada do percorrido sería de 3 a 4 horas, unha mañá ou unha tarde; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono e inverno (desde finais do verán a principios de primavera).

PARTICIPANTES
A actividade vai dirixida tanto a escolares a partir de 13 anos (educación secundaria e bacharelato), como a adultos. Cun máximo de 16 participantes por grupo.

MATERIAL
Contamos cun parque de 16 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e mais uns prismáticos. Para todo o grupo contamos tamén con 2 telescopios para a observación de aves.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A persoas de todas as idades
Grupos: non superior a 15 persoas
Periodización: 26 de novembro de 2011
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 240 min.
Achegas da Concellería de Educación:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario